‘Episodios lunares’ chega en marzo ás librarías

A obra Episodios lunares, publicada orixinalmente en francés polo noso socio Martín Romero en 2013, chegará nos próximos días ás librerías na súa versión española, en coedición entre Reino de Cordelia e Vidas de Papel.

O volume está composto por oito relatos gráficos en que, en palabras dos editores, «os recordos da infancia, os mitos adheridos aos relatos populares, chocan contra o mundo dos adultos nunha constante fábula». Neles, Martín «xoga co deseño e a cor para crear un mundo tan persoal como poético e, en ocasións, mesmo tenebroso».

Ademais da edición normal, porase en circulación unha edición especial de 200 exemplares que incluirán unha
serigrafía realizada en exclusiva, asinada e numerada polo autor, e que pode reservarse xa desde a web.

Compartir