‘Estampas do Planeta Mincha’, exposición de Manel Cráneo

Hoxe, 3 de agosto, ás 20:00 h, inaugurarase na galería de arte 9the13 (rúa Tabernas 9, 15001 A Coruña) a exposición Estampas do Planeta Mincha, que recolle traballos orixinais do noso socio Manel Cráneo.

A mostra, que se insire no imaxinario da serie Planeta Mincha (proxecto que xa inclúe unha serie de contos infantís, e mais unha novela gráfica —de próxima aparición— e un piloto de serie de animación), consta de 43 pezas, das cales 39 foron realizadas en exclusiva para a ocasión. Trátase de acrílicos, acuarelas e obras de técnica dixital que combinan diversos formatos.

Por outra parte, Manel presentará o sábado 11 de agosto ás 12:30 h o seu novo álbum de banda deseñada, Cousas de mortos, na carpa do Festival Viñetas desde o Atlántico.

Compartir