Informamos das próximas datas de exposición das nosas mostras Quero medo e Plantando libros:
– Quero medo estará no Festival Cortocircuito que se celebrará en Santiago de Compostela do 16 ao 21 de outubro de 2007; despois, entre o 24 de outubro e o 27 de novembro, na Casa da Cultura do Concello de Catoira.
– Plantando libros exporase na Biblioteca González Garcés da Coruña do 8 de novembro en diante; a data de clausura non se concretou aínda, pero a intención é que permaneza alí durante dous meses.