Exposición ‘A historieta galega’

Dende o 6 de Marzo pódese visitar no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) a exposición Historieta Galega. 1973-2008, con máis de 200 piezas entre orixinais, revistas e bocetos. A exposición, financiada con fondos públicos, pretende facer un percorrido histórico e obxectivo sobre toda a historia da BD Galega.

Nembargantes, no catálogo de dita exposición vértense unhas opinións sobre certas publicacións e colectivos de autores que xeneraron unha agria polémica fora e dentro da blogosfera.

Aquí poden ler as citadas columnas e as opinións suscitadas por elas dalgúns autores:

Con este comunicado a AGPI quixera deixar constancia de que aínda que consideramos que esta exposición supón un remarcable escaparate da historia da banda deseñada galega, non nos parece apropiado que nun catálogo, financiado ademáis con fondos públicos, se vertan opinións tan claramente subxectivas e sesgadas que perxudican gratuita e inxustamente a imaxe de colectivos e publicacións de grande relevancia no noso país. Máis aló de que un comisario empregue o catálogo para expresar a súa opinión pouco obxectiva sobre as obras que compoñen a exposición sexa lícito ou non, o que semella claro é que non parece moi ético. Non só polo dano que poden facer tales manifestacións aos perxudicados por elas, senón pola influencia negativa que exercen sobre os visitantes da expo e os lectores do catálogo.

– Máis información sobre a exposición na Praza das letras.

Compartir