Mañá, venres 15 de novembro, inaugúrase na Libraría Biblos (rúa de Santiago 4, 15300 Betanzos, A Coruña) a exposición relativa á BD A Torre dos Mouros, creada polo noso socio Manel Cráneo como parte do proxecto arqueolóxico Torre dos Mouros para a divulgación das primeiras conclusións das investigacións desenvolvidas.
No acto de inauguración, ás 20:00 h, estarán presentes Manuel Gago, periodista e historiador, Antón Malde, arqueólogo (ambos os dous, asesores históricos desa BD) e o propio Manel Cráneo. Aproveitarase a ocasión para presentar tamén Vento e chuvia: mitoloxía da antiga Gallaecia, libro de relatos de Gago, ilustrado por Manel Cráneo.