Exposición ‘As orixes do cómic en Galicia’

Segundo informaba esta semana CulturaGalega.org, hoxe será inaugurada a exposición As orixes do cómic en Galicia. Será ás 19:30 h, no Arquivo da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela (ver información sobre como chegar). A mostra foi coordinada por Rosario Crespo, e supón unha achega inédita á historia da banda deseñada en Galicia, xa que expón a obra de cincuenta autores que publicaron cómic ou antecedentes claros deste en revistas e xornais entre 1880 e 1960. Estas obras son recuperadas despois dun «longo proceso de documentación e busca en arquivos de todo o país».

Actualización: máis información sobre a exposición e sobre un concurso de creación de BD organizado con motivo desta, na web da Xunta de Galicia.

Compartir