O venres pasado foi inaugurada unha exposición sobre a relación dos cómics co espazo arquitectónico, que reúne obra de José Domingo, Xurxo G. Penalta, Lola Lorente e Alberto Vázquez.
A mostra, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, inclúe orixinais e ampliacións de diversas obras destes autores. Poderá visitarse ata o próximo 21 de outubro na sede coruñesa do COAG (rúa Federico Tapia 64, 15005 A Coruña), de luns a venres, entre as 8:00 e as 15:00 h.