Exposición de David Pintor en Pontevedra

santorini O próximo día luns 2 de abril ás 20:00 inaugurarase na Galería Sargadelos de Pontevedra unha exposición do artista David Pintor.

Postais de quen viaxa co macuto polícromo.
(Texto de Lito Caramés sobre a exposición)

…de sutaque, asalta a tentación de aplaudir a precisión do apelido para quen é o autor das pinturas que penduran nas paredes. E logo sábese que este creador é veterano na xuventude: leva trece anos agochado tras o 50% do dúo Pinto & Chinto. O seu traballo de caricaturista condiciona a súa pintura? A variada obra de Pintor ten na ilustración da illa grega de Santorini un logotipo, e a identidade do traballo arreo. Illa grega que se repensa en óleo, en debuxos, e que por suposto sae no seu portal web

As viaxes sempre teñen algo de ida por volta, de observación exterior e auto-reflexión. A exposición Viaxes, de David Pintor, presenta vintesete cadros, dos que sete son feitos en tinta negra e o resto ao óleo. Nos primeiros destacan os nus femininos e algunha paisaxe, como a do porto de Barcelona. Son estas pezas de trazo áxil, groso, mínimo, con poucas precisións posteriores, incluso como exercicio caligráfico.

Compartir