Exposición de Emma Ríos en Londres

Mañá, 21 de novembro, a nosa socia Emma Ríos inaugura unha exposición na céntrica libraría londiniense Orbital Comics.

Trátase dunha pequena retrospectiva do traballo desenvolvido por ela en series como Osborn, Cloak & Dagger, The Amazing Spider-Man, Captain Marvel, Doctor Strange Season One ou Prophet, e poderá visitarse ata o día 4 de decembro.

Ademais, entre o 8 e o 9 de decembro Emma será unha das convidadas do Malta Comic Con, na Valeta.

Compartir