Exposición de Max na Coruña

A exposición Hipnotopia estará na Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco s/n, 15001 A Coruña) desde o 12 de xuño até mediados de agosto. A mostra recolle unha selección da obra de Max feita nos últimos dez anos, e contén carteis, viñetas, ilustracións de prensa e cómics nun paseo pola realidade humana a través do seu subsconciente e os seus soños. A inaguración contará coa presenza do autor, gañador entre outros moitos galardóns do Premio Nacional de Ilustración e o de Cómic.

Compartir