Exposición de Nuria Díaz

Bienvenido a mi zombi fiesta é o título da exposición de ilustración a cargo da nosa socia Nuria Díaz que se inaugura o día 19 de decembro ás 20:00 na tenda O Gato Cósmico (rúa Concepción Arenal 1-local 4, 15702 Santiago de Compostela).

A mostra, de carácter narrativo, trata dunha festa de aniversario en que todo o mundo o está a pasar ben, ata que chegan uns nenos zombis. Reúne imaxes realizadas con lapis, acrílicos e colaxe. Poderá visitarse ata o 17 de marzo.

Na propia tenda poderanse adquirir postais, broches e outros artigos realizados exclusivamente para a ocasión.

Compartir