Exposición de Tazalunarbooks

1.er aniversario é o título da exposición de debuxo e ilustración organizada por Tazalunarbooks, proxecto de edición promovido polo noso socio Augusto Metztli. Nesta mostra os visitantes poderán ver todos os deseños de postais, chapas e imáns, así como as ilustracións dos libros e cadernos producidos pola editorial, e mais obras orixinais.

Celébrase coa exposición o primeiro aniversario do espazo «La
esquina coloreada»,
dedicado á ilustración, na histórica Confitería-Café La Esquina (praza de Galicia 7, 15819 Arzúa). Na inauguración, este venres, 30 de novembro, ás 20:30 h, estará o DJ Fulminati coa súa «Blacksession II». A exposición poderá visitarse ata o 15 de xaneiro.

Compartir