A novela gráfica Titoán, segundo volume da «Colección Castelao» que están a desenvolver Inacio Vilariño e Iván
Suárez, será presentada mañá, venres 15 de febreiro, a coincidir coa inauguración dunha
exposición con orixinais da obra, no Café de Mili (rúa Principal 28, 36500 Lalín). Na presentación,
debuxante e guionista estarán acompañados por Gracia Santorum, e farase lectura dunha pasaxe da obra, musicada por Benxa
Otero.