O próximo día 2 de marzo ás 12 da
mañá, na Escola de Artes e Oficios de Ourense, terá lugar unha
charla-coloquio do ilustrador de natureza Calros Silvar. Seguidamente
inaugurarase a exposición «Unha ollada natural», que permanecerá ata
fin de mes no mesmo centro.
Esta exposición consta de trinta
láminas escollidas entre os orixinais das guías de campo editadas
con Baía Edicións, e outros libros sobre temas de natureza editados
con Promocións Culturais Galegas e a Editorial Siruela. Tamén se
mostra unha escolla de cadernos de campo do autor, que desvean o
traballo «tras as bambalinas».
O día seguinte, 3 de marzo, ás 10 da
mañá, na Escola de Artes e Oficios da Coruña, Calros ofrecerá outra charla-coloquio, esta vez amenizada cunha
breve presentación do seu traballo de ilustración, BD, caricatura e
deseño gráfico.