Exposición ‘Estamos de pie / Zuguaanu’

Zuguaanu significa en zapoteco «estamos de pé». Trátase dunha exposición de pinturas, ilustracións e obxectos feitos por Marthazul e o noso socio Augusto Metztli. Moitas das pezas están baseadas en cancións de músicos latinoaméricanos. En palabras dos seus autores, «durante séculos en Latinoamérica debemos gritar “Estamos de pé” a pesar de todo, a pesar do Norte e a pesar de nós mesmos; e agora parece que en Europa también». A inauguración será mañá, 31 de maio, ás 20:00 h, na galería Tlapaltic (rúa de Edelmiro Trillo 19-1º C, 36600 Vilagarcía de Arousa).

Compartir