Las 2 orillas é unha exposición colectiva integrada por Marthazul, Gonzalo Martínez, Alicia Pérez, o noso socio Augusto Metztli, Esther Fernández Zapatero, Yellice Rodríguez Ces e Olalla Ofl. Será inaugurada mañá, 19 de outubro, ás 21:00 h no café Detrás do Marco (rúa Londres s/n, 36202 Vigo), e poderá visitarse alí ata o 9 de novembro.
As obras expostas buscan reflectir unha mestura entre culturas e experiencias vividas a ambas as beiras do Atlántico e da ría de Vigo, xa que algúns dos integrantes da mostra viviron ao outro lado do océano e outros viven aos dous lados da ría.