Exposición ‘Miradas sobre la Torre’

A Casa Museo Casares Quiroga (rúa das Panadeiras 12, 15001 A Coruña) acolle estes días a exposición Miradas sobre la Torre. Nela recóllese a visión persoal de Manolo Gómez, Otero Regal e o noso socio Suso Cubeiro acerca da mitoloxía que rodea a coruñesa Torre de Hércules.

Así, a obra de Manolo Gómez fai unha interpretación das doce
probas de Hércules, mesturando a impresión dixital e a pintura acrílica; Otero Regal, pola súa parte, recrea lendas a través do gres porcelánico; e Suso Cubeiro emprega ilustracións a lapis e acuarela para se achegar a pasaxes relativas a Hércules e a Breogán.

Compartir