A asociación ecoloxista Adega inaugurou hoxe, na praza de San Marcos de Lugo, a exposición de humor gráfico Rir, por non chorar.
A
mostra conta con trinta e seis obras dunha vintena de humoristas gráficos
e ilustradores galegos, entre os que a organización cita a Pinto & Chinto, Leandro, Guitián, Calros Silvar, Alberto García Ariza, Almudena Aparicio, Davida, Idoia de
Luxán, M.ª Carmen Ferrín, Rooster, Sergio Covelo, Marcos Beltrán, Quico, Zamudio, Miguel Fernández, Jorge Alba e Alfredo López Tokio.
O obxectivo da exposición é «achegarse ás problemáticas ambientais galegas que
afectan o noso territorio desde outro prisma, a través da visión
irónica e crítica dos artistas gráficos galegos». A mostra poderá visitarse na cidade de Lugo ata o
10 de xullo, e despois percorrerá
varias localidades da provincia luguesa ata finais de ano.