Exposición ‘Se vende oro’

O espazo expositivo independente El Halcón Milenario (rúa Cervantes 18-1.º dereita, 36201 Vigo) cumpre un ano de vida cunha exposición de Nanvaz (Nando Vázquez), Tayone e Pelucas. Trátase de Se vende oro, unha mostra de arte urbana e ilustración.

A inauguración será este venres 18, a partir das 20:00 h; a exposición poderase visitar todos os venres ata o 23 de decembro, en horario de 20:30 a 23:30.

Este venres, ademais, haberá unha festa de inauguración a partir das 23:30 en El Gato Negro (rúa Churruca 20A, 36201 Vigo).

Compartir