Falece o ilustrador Krahn

Fernando Krahn, debuxante humorístico nado en Santiago de Chile o ano 1935. Iniciouse profesionalmente como tal en 1961 en Nova York onde viviu ata 1969. Alí publicou en revistas como The New Yorker, Atlantic Monthly, Esquire e The Reporter. Paralelamente, comezou a súa carreira como autor-ilustrador de libros infantís, dos cales suma máis de 60 publicados tanto en EEUU como en España e Venezuela. foi tamén ilustrador de grande parte dos libros infantís de María da Luz Uribe, a súa dona. Xuntos obtiveron algúns premios e el, en solitario, foi galardoado co Premio Internacional de Ilustración 2001 de Edicións S.M. cun libro do cal tamén é autor.

Vivía en Sitges (Barcelona) desde 1973. colaborou en publicacións de Suíza, Alemaña, Italia, Holanda e España. En 1984 iniciou unha colaboración permanente para o diario A Vangarda: unha historia a cor, sen palabras, saíu sen interrupción no Magazine dominical. Colaborou tamén en páxinas de opinión, de cultura e ciencia.

mais bio e galería na web da vangardia

Compartir