Feísmo ilustrado

expo feismo Foto: José Paz.

O Centro cultural da Diputación de Ourense ofrece desde o día 25 de Abril unha novidosa exposición, non tanto polo contido, senón pola forma en que se presentan as obras, colgadas nos andamios colocados para tal fin no exterior do mesmo edificio Simeón. A mostra, presentada co explícito nome de Feísmo ilustrado, forma parte do paquete de actividades promovidas pola difusora de letras, artes e ideas alrededor da próxima cita do Segundo Foro Internacional do Feísmo en Ourense.

A exposición a constitúe o traballo de quince debuxantes, entre os que se encontran varios socios de AGPI, sensibilizados co tema, a quen se lle pediron referencias visuais que constituisen unha reflexión sobre o feísmo. A mostra, que se presenta en Ourense, trasladaráse a distintos puntos de Galicia unha vez finalice a celebración do Foro sobre o Feísmo, que se presenta co lema xenérico de Construir un país: a rehumanización do territorio.

– A versión PDF do catálogo está dispoñible en feismo.com.

Compartir