Festa da «fin do mundo» de Demo Editorial

Mañá, venres 21 de decembro, coincidindo coa data indicada como fin do mundo polo calendario maia, Demo Editorial organiza a presentación do libro Cousas de mortos, de Manel Cráneo. No mesmo acto, o autor asinará exemplares desta obra, así como da nova edición d’Os Lobos
de Moeche
—que xa leva vendidos 3000 exemplares, e que nesta ocasión se vende conxuntamente co comicbook A Torre dos Mouros, tamén de ambientación medieval—.

Será ás 19:30 h na libraría Alita Comics (rúa do Orzán 94, 15003 A Coruña). Todos os compradores serán convidados a canas de cervexa e participarán no sorteo dunha lámina enmarcada e asinada.

Ao terminar, a festa continuará no Pub Dublín (rúa das Panadeiras 50, 15001 A Coruña), onde permanece a exposición de pranchas da BD A Torre dos Mouros, e ademais haberá música en directo.

Compartir