Fin de semana de mercados culturais

Esta fin de semana hai posibilidade, en varios puntos de Galicia, de adquirir produtos artísticos e culturais, e en concreto algúns relacionados coa ilustración.

En Santiago de Compostela, mañá e o domingo desenvólvese o Mercado da Estrela, que nace co obxectivo de amosar o traballo dos novos creadores galegos: restauración, artesanía, deseño… Entre os participantes, dúas socias da AGPI: Nuria Díaz e Helena Karenina, mostrarán as súas creacións, que o público visitante poderá comprar. Será no Centro Galego de Arte Contemporánea – CGAC (rúa de Ramón del Valle-Inclán, 15704 Santiago de Compostela), de
11:00 a 20:00 h.

Mentres tanto, en Mos desenvólvese, entre hoxe e o domingo, o Dragon Market, desenvolvido polo Proyecto Dragonfly. Terá lugar no Pazo dos Marqueses de Mos (A Rúa, 36415 Mos, Pontevedra), co horario de 17:00 a 22:00 h (agás o domingo, de 10:00 a 22:00 h). Entre outros, participa a nosa socia Kristina Sabaite.

Compartir