Fin do ciclo de presentacións de ‘Punto de fuga’, en Kómic

Este venres, día 11, a partir das 18:00 h, será o momento da presentación da novela gráfica de Miguel Cuba, Punto de fuga —unha obra que, segundo a súa editorial, Demo, está a ter unha «excelente acollida» polos lectores, dada «a súa conexión temática coa sociedade actual»—. O lugar será a libraría Kómic (rúa San Pedro de Mezonzo 34, 15701 Santiago de Compostela). Ao final do acto servirase licor café para o público asistente.

Con esta presentación péchase o ciclo de actos de lanzamento da obra, que se iniciou en agosto, no Festival Viñetas desde o Atlántico.

Compartir