Forges denuncia que o ilustrador é o profesional máis desamparado

Antonio Fraguas, “Forges“, acudiu a Santiago de Compostela onte, sábado, 25 de outubro, convidado pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) con motivo do V Encontro Galego de Ilustración. Forges, historia viva do humor gráfico español, foi a estrela invitada a esta actividade, que cumple o seu quinto ano consecutivo, e que se levou a cabo na Fundación Caixa Galicia, sita na Rúa do Villar, 19.

Forges denunciou, na sua charla que levou por título “Dibujo…Luego existo”, que “os artistas gráficos son os únicos profesionais desamparados, desarraigados da sociedade e os máis abocados ó desprezo hereditario”, ó tratar o tema dos dereitos de autoría e o contactos coas editoriais. “Namentres os bisnetos dun banqueiro seguen disfrutando do patrimonio creado nun momento determinado da súa vida laboral, o artista é o único profesional e cidadán sin dereito a deixar ós seus descendentes o legado da súa obra. E encima hai xente que quere que traballemos gratis!”, sentenciou Forges.
Asimesmo, propuxo ós profesionais da ilustración presentes na xornada que non se deixen guiar pola máxima editorial: “divide e vencerás”, senón que, asociándose, busquen a de “a unión fai a forza”, en relación aos pleitos que poden surxir entre o ilustrador e os grandes grupos de edicións.

O contrapunto o puxo a directora de publicacións da Editorial Everest Galicia, Irene Penas, quen ofreceu, baixo o título “A rebotica dos libros”, a súa ampla experiencia no sector do libro, asi como a realidade comercial dos libros nos que os “ilustradores expresan o seu talento”.
Do mesmo xeito, reivindicou a figura do artista gráfico no traballo editorial, xa que suliñou que “son defensora da ilustración en calquera tipo de obra literaria, así como o total cumplimento dos dereitos de autor, amparados pola Lei de Propiedade Intelectual e a necesidade da fórmula contractual para calquera tipo de acordo entre o artista e a editorial”, afirmou Penas.

O V Encontro Galego de Ilustración congregou a un bo número de simpatizantes dos traballos de estos profesionais do grafismo, asi como cerca de cen ilustradores procedentes de todos os rincóns de Galicia”

Compartir