‘Garbancito y otros cuentos’, en Zamora

Os nosos socios Óscar Villán e Federico Fernández teñen obra
incluída na mostra Garbancito y otros cuentos, que
pode visitarse
ata o 21 de xullo na sala de exposicións da Biblioteca
Pública de Zamora
(plaza Claudio Moyano s/n, 49001 Zamora).

A exposición conta
con ilustracións pertencentes a dez títulos publicados por
Kalandraka Editora. Nela poden verse obra doutros seis ilustradores: Marc
Taeger,
Ana Míguez, Sofía F. Rodríguez, Gabriel Pacheco, Pablo
Auladell
e Pablo Mestre, a partir dunha proposta narrativa de José
Antonio López Parreño Rodorín.

Compartir