Guitián fala do ‘making of’ de ‘El Circo Lorza’

O noso socio Alberto Guitián dará este xoves, 27 de outubro, ás 12:00 h, unha charla titulada «O making of de El Circo Lorza» no salón de actos da Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso (Os Pelamios 2, 15001 A Coruña).

A conferencia enmárcase no ciclo de charlas organizadas polo Grao Superior de Ilustración desta escola, e o seu acceso é libre e gratuíto. Está dirixida especialmente a estudantes de ilustración interesados no formato de libro ilustrado como soporte dun proxecto persoal.

Guitián tratará do proceso creativo e de edición do libro El Circo Lorza; segundo indicou, ademais, se os asistentes queren, tamén se falará «de contratos e dereitos de autor».

Compartir