A recente noticia de que a editorial Diábolo comezará este ano a traducir as súas obras para o mercado francófono (Francia, Bélxica e Luxemburgo), baixo o nome de Diábolo Éditions, inclúe tamén que o título Petaco, do noso socio Alberto Guitián, será un dos primeiros publicados en versión francesa, xa nos próximos meses.
Petaco é unha recompilación de páxinas realizadas na serie homónima que Guitián publicou orixinalmente na revista Míster K, proxecto de El Jueves para o público infantil e xuvenil. Aquí pode verse o booktrailer da edición española.