Guitián reinterpreta a Holmes e Watson

Edicións Morgante lanzou nestas últimas semanas unha versión integral e anotada da tradución galega de Sherlock Holmes, de Arthur Conan Doyle.

As cubertas dos dous tomos de que consta a edición locen as reinterpretacións que fixo o noso socio Alberto Guitián do dúo protagonista. Guitián, segundo as súas propias palabras, mesturou no aspecto destes dous personaxes icónicos o «actual» co «decimonónico». O seu traballo pode verse con máis detalle no seu blog.

Compartir