‘¡Haz click y vive sano!’, novo libro ilustrado por Paula Mayor

Nas librarías pode encontrarse xa o novo libro ilustrado e deseñado pola nosa socia Paula Mayor: ¡Haz click y vive sano!, de María Corbacho, autora do blog 1 Reflejo en el Espejo. Na ficha da web da editorial, Hércules de Ediciones, poden verse algúns exemplos de páxinas ilustradas. O libro enmárcase nunha colección dedicada a blogs de éxito, onde están outros títulos tamén deseñados e ilustrados por Paula, como El mundo de Lovely Pepa ou o máis recente Bartabac.

Para a mesma editorial, Paula Mayor tamén ilustrou hai pouco a portada do libro El camino de la vida, de Loli Villaverde Pedreira.

Compartir