Homenaxe a Blanco Amor no Museo do Humor de Fene

Varios socios da AGPI participan na Exposición-Homenaxe a Blanco Amor que pode visitarse no Museo do Humor de Fene (Casa da
Cultura, avenida de Conces 20-22, 15500 Fene)
ata o próximo 23 de novembro. A mostra está comisariada por Siro López, e encádrase nos actos
organizados polo Concello de Fene pola convocatoria da 30.ª edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor.

Na exposición exhíbese obra gráfica inspirada na obra e na vida do escritor ourensán, a cargo de Aida Alonso, Almudena Aparicio, Augusto Metztli, Calros Silvar, Dani Padrón, Gonzalo Vilas, Idoia de Luxán, Jaime Asensi, Michel Casado, Miki, Nachortas, Pablo Otero, Pinto e Chinto, Santy Gutiérrez, Siro López, Xan Carpente, Xosé Cobas e Xosé Lois (Carrabouxo).

Nesta galería poden verse as obras expostas.

Compartir