Homenaxe ao humorista gráfico Siro

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), e a Facultade de CC da Comunicación da USC ofrecerán unha homenaxe ao humorista gráfico Siro pola súa traxectoria profesional, o día 24 de xaneiro, xoves, no Auditorio da Facultade de CC da Comunicación en Santiago (Avda. de Castelao s/n).

O acto comezará ás 12 horas e será presentado polo decano do CPXG, Xosé Manuel Vega Gómez. Entre os asistentes estarán Xosé Luis Vilela ( director de La Voz de Galicia ), Xosé Luís Barreiro Rivas ( articulista de La Voz de Galicia ), Bieito Rubido ( xornalista ), Xulia Díaz ( xornalista ), Miguel Túñez ( decano da Facultade de Ciencias da Comunicación ) e Pinto & Chinto ( humoristas gráficos ) que farán unha pequena achega á traxectoria profesional do debuxante.

Ademáis, haberá unha actuación da cantante Manuela e do grupo Corre Carmela que chove. A entrada ao acto de homenaxe é libre.

Compartir