O Salón do Libro de Pontevedra e Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) convocan o I PREMIO INTERNACIONAL DE ILUSTRACIÓN do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
A finalidade deste certame é escoller a ilustración do cartel da XIX edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura da cidade entre o 6 e o 29 de abril de 2018 e que terá a temática central de: MULLERES DE CONTO.
A convocatoria permanecerá aberta ata o día 5 do próximo mes de novembro. O creador que obteña a mellor puntuación do xurado recibirá 3.000 euros. Pola súa banda, haberá 12 obras finalistas, que figurarán nun almanaque que publicará a Deputación de Pontevedra.
Podedes consultar as bases neste enlace.