A Concellería de Educación e a editorial Kalandraka abren unha nova convocatoria do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O premio son 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro de 2010 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello e Kalandraka.
O Premio Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta impresa de todo o proxecto. O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago.
As bases poden consultarse aqui, y el resto de la información aquí.