Comezan mañá xoves as charlas das III Xornadas de Banda deseñada de Pontevedra coa conferencia retrospectiva do Premio Castelao, o máis importante de Galicia, reunindo aos tres gañadores ata o momento, os nosos socios David Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández. Están invitados tamén a estas Xornadas os autores Sergio García, que falará o venres do proceso creativo no cómic, coa charla e exposición Historia dunha Páxina, e JL Martín e Albert Monteys editor e director da revista El Jueves respectivamente que falarán o sábado dos trinta anos de historia da afamada publicación.
As Xornadas, organizadas pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Asociación BD Banda, complementan dende este luns as charlas con exposicións, proxección de películas e obradoiros de banda deseñada para cativos.
Podedes ver máis información na páxina da Asociación BD Banda