O catálogo de Sushi Books, selo de Rinoceronte Editora dedicado ao público infantil e xuvenil en galego, castelán, catalán e éuscaro, inclúe traballo de varios dos nosos socios.
Así, encontramos nos seus títulos ilustracións a cargo de Pirusca —que ademais das capas de O poder de Amabel e Xildas tamén fixo a imaxe corporativa do selo e a súa web—, Dani Padrón —coautor do álbum Venres, con Santiago Freire—, David Rubín —das capas da serie Caídos do mapa, de María Inés Falconi— e Santy Gutiérrez —das cubertas do novo libro de Falconi, Ruído nunha noite de verán.