A segunda edición da feira Achegarte, organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, terá lugar esta fin de semana (2 e 3 de abril) no Palexco (Peirao de Transatlánticos s/n, 15003 A Coruña).
Novamente, a AGPI terá un stand na feira; nel poderán adquirirse as nosas publicacións, así como acceder a información sobre as actividades da asociación e sobre como integrarse nela. Ademais, colaborará cunha actividade dentro do programa: o obradoiro de ilustración de Carlos Arrojo, un taller dirixido a nenos e rapaces, apoiado coa mostra de ilustracións de traballos propios, especialmente as acuarelas realizadas para o libro de Siruela Geografía mágica. Será mañá, sábado, ás 19:30 h.
Haberá aínda varias outras actividades relacionadas coa ilustración dentro de Achegarte: o propio sábado, ás 13:30 h, Pablo Otero dirixirá outro obradoiro, e o domingo, ás 11:30, Kiko da Silva impartirá un taller de creación de personaxes de banda deseñada. Manel Cráneo, pola súa parte, presentará as novidades de Demo Editorial o sábado ás 13:45, e o domingo ás 17:00, a súa colección Planeta Mincha. Ás 17:00 h do sábado, poderá asistirse a unha conversa con Xabier P. DoCampo e mais Xosé Cobas con motivo do 25.º aniversario d’O misterio das badaladas.
No referente a sesións de sinaturas, Dani Montero estará o sábado ás 18:00 h no stand de Demo Editorial; e Miguel Fernández fará o propio o domingo, á mesma hora e no mesmo lugar.
Podes ver o programa completo neste enlace [PDF, 136 Kb].