Ilustración na Feira do Libro de Guadalajara

Desde mañá, 29 de novembro, ata o 7 de decembro, desenvólvese a nova edición da Feria Internacional del Libro de Guadalajara (FIL), en México. A FIL é a segunda feira editorial máis importante do mundo, e o posto oficial promovido nela pola Xunta de Galicia dedicará novamente un espazo á ilustración, en colaboración coa AGPI.

No stand proxectarase continuamente un bucle de imaxes de ilustradores da AGPI e exporanse exemplares de libros ilustrados por socios nosos: Xoana Almar e Miguel Peralta, Almudena Aparicio, Jaime Asensi, Marcos B, Rodrigo Chao, Xosé Cobas, Manel Cráneo, Kike J. Díaz, Nuria Díaz, Anxo Fariña, Miguel Fernández, Santy Gutiérrez, Matalobos, Paula Mayor, Pablo Otero, Minia Regos, Marina Seoane, José Souto e Manuel Uhía, á parte de publicacións da asociación.

Compartir