Ilustración nas novidades de Xerais

A coincidir coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Edicións Xerais presentou antonte as súas novidades de máis próxima publicación.

Como non podía ser doutra forma, na maior parte deles a ilustración ten unha grande importancia, e ademais, en todos os casos se trata de socios da AGPI: así, O señor Corpo quere xogar, escrito por Alicia Borrás Sanjurjo, está ilustrado por Rodrigo Chao; O aprendiz de home do saco, con texto de Antonio Reigosa, foi ilustrado por Marta Álvarez Miguéns; O merlo de ferro, de Antón Cortizas, vén ilustrado por Xosé Cobas; O gato fantasma, de Xelís de Toro, por Almudena Aparicio Andión; e As palabras do silencio, de Ánxela Gracián, por Dani Padrón. Finalmente, Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz, está ilustrado por David Pintor, e Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo, de Jaureguizar, por Matalobos.

Compartir