Entre hoxe e o domingo 6 de xullo desenvólvese na Coruña a segunda edición do salón Hobbycon, dedicado ao cómic, o anime, o videoxogo e a ciencia-ficción. Entre as actividades están algunhas relacionadas con socios nosos. Así, Manel Cráneo expón durante os catro días do salón unha mostra do seu universo Planeta Mincha, que inclúe ilustracións da serie Diario de Pichük, ademais doutras inéditas, e páxinas de banda deseñada da serie Planeta Mincha
Estudos Xeográficos, que se publicou nas revistas Caña e Viralatas.
Ademais, entre os postos de venda do Hobbycon está o da nosa socia Lucía Gómez Michopocho.
O salón Hobbycon desenvólvese no recinto de Palexco (peirao de Transatlánticos s/n, 15003 A Coruña).