Entre o 21 e o 29 de xullo, no Café Moderno (praza de San Xosé, 36001 Pontevedra) terá lugar o segundo Outlet do Libro Galego, organizado pola Asociación Galega de Editores (AGE). O Outlet, segundo os seus promotores, enmárcase dentro da «estratexia de promoción e visibilidade dos libros galegos, consistente
na organización de espazos singulares de venda de libros a prezos de
crise», e representa «unha segunda oportunidade para
títulos e autores que foron reemprazados polas novidades editoriais e
que xa non forman parte dos escaparates e andeis das librerías galegas».
Esta segunda edición do Outlet conta coa colaboración dos ilustradores galegos, que, a través da AGPI, poñen en venda algunhas reproducións e mesmo orixinais das súas obras a prezos moi especiais (láminas a 5 euros e orixinais entre 20 e 100 euros). Para esta ocasión cóntase con máis de 150 láminas (algunhas delas asinadas polos seus autores) e unha vintena de orixinais, a cargo dos nosos socios Alberto Guitián + Leandro, Augusto Metztli, Bernal Prieto, David Rubín, Emma Ríos, Jaime Asensi, Kristina Sabaite e Óscar Villán.
O programa completo de actividades pode descargarse aquí (PDF, 803 Kb).