Ilustradores galegos no Salón do Libro de Pontevedra

O XIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desenvolverá nesa cidade entre o 4 e o 31 de marzo, conta no seu programa cunha exposición organizada coa colaboración da AGPI. O título, dado que esta edición do Salón vai dedicada á superstición, é Ilustradores galegos: habelos, hainos.

A mostra está composta por dezanove ilustradores e ilustradoras da AGPI, escollidos pola organización do Salón. Así, Habelos, hainos contén obras de Manuel Lariño, Almudena Aparicio, Aida Alonso Vázquez, Luís Sendón, Minia Regos, Alberto García Ariza, Carmen Ferrín, Ana Santiso, Augusto Metztli, Pirusca, Kristina Sabaite, Matalobos, Tokio, Jorge Fernández Peral, Antonio Seijas, Noemí López, Eduardo Baamonde, Rubén Mariño e Hugo Covelo.

Proximamente, a AGPI fará dispoñible unha versión virtual da exposición desde esta mesma web.

O cartel da edición deste ano do Salón do Libro de Pontevedra é obra doutra socia nosa, Cristal Reza.

Actualización: xa se pode acceder á exposición en liña, desde esta ligazón.

Compartir