• Komorevi


  • Galería
  • >email
  • Bio

  • Son Eva Agra, Komorevi en redes, e son ilustradora e artista urbana. No 2015 fundei xunto a outras compañeiras do eido artístico e cultural 7H Cooperativa Cultural, unha empresa de economía social onde medrei como profesional e desenvolvín ao longo deses 8 anos o que agora é a miña filosofía de traballo: un forte compromiso coa comunidade, a igualdade e a responsabilidade social mediante o uso da expresión artística. Grazas ao traballo colectivo e ao coidado nos procesos de creación, xermolamos moitos proxectos nos que empregamos a arte como ferramenta de transformación social. Algúns dos que me sinto máis orgullosa son:

    >Delas Fest, o primeiro festival feminista de arte urbana e contextual de Europa.
    >Elas Tamén Pintan, proxecto educativo de arte urbana feminista.
    >Mutacións Urbanas, proxecto de laboratorios de creación artística, participación cidadá e inclusión social.

    >Asimesmo traballei nun fermoso proxecto editorial ilustrando as páxinas da colección de contos Mulleres Bravas da Nosa Historia, de Urco Editora, na cal traballei man a man coas editoras e autoras para divulgar a figura de mulleres galegas relevantes da nosa historia entre as crianzas.

    A través do meu traballo axudo a espallar as ideas das persoas que confían no meu lapis para comunicar os seus valores, proxectos e soños dun xeito xenuíno e cercano co que transforman, impactan e activan as súas redes máis próximas.

    E dirás entón, que podo facer eu por ti? Pois verás:

    🎨 Servizo de Ilustración aplicada a multitude de formatos e estilos de comunicación (identidade visual de marca, redes sociais, editorial, prensa…)
    🖌 Arte urbana - realización de murais e obradoiros de iniciación ao muralismo.
    📖Educación artística - realización de obradoiros de ilustración feminista aplicada a diferentes formatos.