Xa está dispoñible, en formato impreso e en PDF, o Informe 2008 do Observatorio da Ilustración Gráfica. Que deben facer os ilustradores ante os cambios que se están
a producir en todos os ámbitos en que se moven? Como reaccionar ante
Internet e os medios dixitais? Os e as profesionais da ilustración
gráfica deben comezar tomando conciencia da situación. O Observatorio da
Ilustración Gráfica é un «sistema de detección», un
instrumento para analizar a realidade da industria, e o seu primeiro
resultado é este Informe 2008: unha ferramenta para empezar a situarnos
profesionalmente no século XXI, unha base para a reflexión sobre os
problemas que temos que resolver ante os novos retos.
O Informe 2008 vén avalado polos membros da Comisión de Profesionais do
Observatorio: Horacio Altuna,
Pablo Amargo, Elisa Arguilé,
Arnal Ballester, Ulises Culebro,
Ricardo
Esteban, Manuel Estrada, Isidro Ferrer, Forges,
Miguel Gallardo, Pablo
Martínez, Max, Albert
Monteys, Elena Odriozola,
Javier Olivares,
Carlos
Ortín, Miguelanxo Prado,
Mariona Sardà, Rosa
Serrano y Javier
Zabala.
O libro componse de:
• Informe: exposición das realidades de diversos ámbitos en que está
involucrado o mundo da ilustración, con conclusións dirixidas ás
institucións, aos clientes e aos ilustradores profesionais. Está
dispoñible en formato PDF en español, catalán, éuscaro, galego e inglés.
• Anexos: entre outros, artigos asinados por Santy
Gutiérrez, Mariona Sardà, Horacio
Altuna e Pepo Pérez,
e transcricións de mesas redondas
con intervencións de Javier Zabala, Javier
Olivares, Isidro Ferrer, Kate
Larkworthy, Michel Lagarde, José
Luis Merino, Ulises Culebro, Alejandro García
Schnetzer, José Antonio Millán, Mariví
Pulido, Toni Segarra e Philip
Stanton. Os anexos
están unicamente dispoñibles na versión en castelán.
O libro pode descargarse desde de
forma gratuíta www.fadip.org (tamén
en galego), en formato PDF. En papel (unicamente
dispoñible na versión en castelán) pode ser adquirido pedíndoo á nosa
asociación ou solicitándolo a FADIP ().