Jacobo Fernández, Premio Castelao 2007

aventuras de cacauequiNota de prensa da Diputación da Coruña:

O autor de cómic, ilustrador e pintor olívico, Jacobo Fernández Serrano, coa súa obra Aventuras de Cacauequi (edición anotada), é o gañador da terceira edición do premio Banda Deseñada Castelao, que convoca a Deputación da Coruña. O premio Banda Deseñada Castelao foi dado a coñecer esta mañá [3/ago/07] polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, tras a reunión do xurado que seleccionou por unanimidade, do conxunto das oito creacións presentadas, o traballo artístico de Jacobo Fernández Serrano. Ademais de Salvador Fernández Moreda, do xurado formaron parte o comisario do premio, o creador coruñés Miguelanxo Prado, así como a deputada responsable da área de Cultura, Caridad González Cerviño; ademais de Antonio Seijas Cruz, gañador da anterior edición; Ángel de la Calle, Carlos Portela Orjales e Agustín Fernández Paz.

Nota de prensa completa na web da Deputación da Coruña.
– La Voz de Galicia: El vigués Jacobo Fernández gana el Premio Castelao de Banda Deseñada.
– La cárcel de papel: Jacobo Fernández, premio Castelao.
Blog de Jacobo.

Compartir