Jacobo Fernández, Premio Merlín 2009

O gañador da XXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil é Jacobo Fernández Serrano coa obra Mil cousas poden pasar. Libro I. Jacobo é ben coñecido polo seu traballo como ilustrador e autor de cómic (gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada en 2007 con Aventuras de Cacauequi e este ano estivo nomeado ao mellor autor revelación no Saló del Còmic de Barcelona, mais xa publicara dous libros infantís escritos e ilustrados por el: A Gardería de Dona Bixelmina (Edicións Xerais, 2005) e A pedra e as formigas (Edicións Xerais, 2006). Ten publicados ademais os álbums de BD Os amigos de Archimboldo Roque (Faktoría K, 2007) e El origen de Marcopola (Bang Ediciones, 2009).
O xurado dos premio deciciu concederlle o galardón “pola desbordande
imaxinación da que fai gala o autor, polo novidoso do argumento, pola
inédita e variada galería de personaxes, pola solidez do mundo que se
constrúe ante nós con cada frase, polo orixinal da estuctura,  polo
arriscado de levar o absurdo ao extremo, pola beleza plástica dalgunhas
descripcións e figuras narrativas e polo metafórico de moitas das
pasaxes argumentais”.

Dende a AGPI felicitamos a este gran artista e prezámonos de télo coma
membro da nosa asociación. Parabéns!

Compartir