Jaime Asensi adapta unha novela de Ramón J. Sender

Acaba de ser publicada a versión en cómic da novela El fugitivo, de Ramón J. Sender, que preparou o noso socio Jaime Asensi con guión do xornalista suízo, afincado en España, Hans Leuenberger. O libro, que conta a historia dun condenado a morte nos anos posteriores á Guerra Civil, está editada pola malagueña Leoedita.

Esta é xa a cuarta adaptación á banda deseñada de obras literarias a cargo de Jaime Asensi, despois das levadas a cabo con traballos de Alfred Jarry (Ubú Rey), Torrente Ballester (Fragmentos) e Fernando Arrabal (Pic-nic).

Compartir