O próximo venres 10 de xuño, ás 18:30 h, o noso socio Jano presentará na Libraría Paz (rúa da Peregrina 29, 36001 Pontevedra) o seu cómic Ratoon, editado por Bang Ediciones. Estará acompañado neste acto polo escritor e humorista Rodrigo Cota.
Na web da editorial pódense consultar algunhas páxinas de adianto deste traballo.