O noso socio José Domingo —que é un dos convidados da actual edición do Viñetas desde o Atlántico e que ten nas librarías xa a segunda edición do seu libro Aventuras de un oficinista japonés— foi galardoado co primeiro premio do I Concurso Internacional de Humor Gráfico Bruixas i Bruixots, convocado co gallo do Aquelarre 2012 en Cervera (Lleida). Ao concurso presentáronse máis de 500 obras chegadas de 44 países. Nesta ligazón pode lerse máis información ao respecto, e ver a viñeta ganadora.
AGPI - Asociación Galega de Profesionais da IlustraciónhistoricoJosé Domingo, premio de humor gráfico