Recibimos a seguinte información da xente do colectivo lallave:
Lallave é un colectivo de artistas (ilustradores e deseñadores, basicamente), con sede en A Coruña, no que participan varios membros da AGPI.
Están a realizar unha publicación ca única intención de ser un soporte aberto a novas colaboracións do ámbito artístico.
No primeiro número (edición limitada 200 copias) os colaboradores encargáronse de autoproducir e editar as súas obras (pegatinas, postais, xogos, tarxetas,…) para encher o formato sobre sorpresa no que foi publicado.
A edición, esgotada en puocas semanas, distribuíuse en A Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra principalmente, tamén algún exemplar en Madrid e Barcelona; o interés despertado polo lanzamento e nosa presencia en internet, deu lugar a unha gran resposta de artistas nacionais e internacionais interesados en colaborar no proxecto..
O seguinte número será en soporte cd interactivo, con todo tipo de material audiovisual: cortos, animacions 3d, música, fotografía, ilustración…
Os colaboradores da AGPI que forman parte deste colectivo son Manuel Silva e Luis Sendón.
Animadevos a participar, podedes contactar en lallave100 arroba gmail.com
ou na nosa páxina www.fotolog.com/lallave.